Oiches’s Blog

Just another WordPress.com weblog

Entrevista a Jose Novembro 10, 2008

Gardado en: Entrevistas — oiches @ 6:22 am

entrevista2

Agora, comparemos as respostas de Manuel coas que nos deu un rapaz da mesma idade que tiña el durante a etapa dos feitos que nos relatou. Existen grandes diferenzas…

 

1.      Comes alimentos variados tódalas semanas: peixe, carne, legumes, froitas e verduras?

Si, incluso podo comer varios deses alimentos nun mesmo día, pero se non é así non hai semana que non coma ningún deles.

 

2.      Onde mercas a comida?

No supermercado, xa que alí hai de todo, ou senón na praza ,nas peixerías ou carnicerías.

 

3.      Cantas comidas realizas ao día?

Como tres veces ao día e despois sempre como algo entre horas cando teño fame.

 

4.      Algunha vez pasaches fame?

Non, porque na miña casa por agora sempre houbo de todo, e senón hai galletas como froita pero pasar fame nunca pasei.

 

5.      Que métodos tendes para conservar os alimentos?

Principalmente conservámolos en frigoríficos e conxeladores, pero hai  moitos alimentos que xa levan produtos para que se conserven durante moito tempo.

 

6.      Podes consumir todo tipo de froitas durante todo o ano ou hai tempadas?

Hai tempadas, pero cos invernadoiros e os produtos que lle botan fan que poidan haber froitas en tódalas épocas do ano, aínda que estean máis ricas cando é a súa tempada. E tamén hai froitas que veñen en almíbar e consérvanse durante moitísimo tempo incluso anos.

 

7.      De que material é a roupa que utilizas?

A maioría é de algodón, pero tamén hai de la, de tela, de lino, hai de todo.

 

8.      Mercas a roupa ou a fas na casa?

A maioría da xente merca pero, hai algunha que aínda a fai a man. Moita xente fai bufandas de la ou xerseis.

 

9.      Cada canto tempo a renovas?

No cambio de estación ou cando me fai falta, aínda que ás veces compro roupa por comprar.

 

10. Onde e como lavas a roupa?

Lávaa miña nai na lavadora na casa, aínda que existen lavanderías, pero hai xente que a lava no pilón.

 

11. Como te desprazas?

Principalmente en coche ou en autobús para ir ao instituto. Aínda que moitas veces tamén vou andando ou en bicicleta.

 

12. Que transportes existen?

Hai bicicletas, motos, coches, autobuses, trens, avións.

 

13. Que tipo de combustibles utilizan?

Utilizan combustibles fósiles derivados do petróleo como o gasóleo e a gasolina.

 

14. Tendes luz eléctrica na casa?

Si, por suposto. Necesitámola para a vitrocerámica, o ascensor, a calefacción e moitísimas cousas da vida cotiá.

 

15. E nos camiños hai luz?

Si. Existen farolas que nos alumean a rúa. A partir de que empeza a anoitecer encéndense automaticamente.

 

Conclusións Novembro 10, 2008

Gardado en: conclusións — oiches @ 6:20 am

dibujo

O desenvolvemento sostible é un desenvolvemento ecolóxico, sociolóxico e económico por igual, e tendo en conta estes tres factores é cando en realidade poderemos falar de sostibilidade. Senón algún destes quedaría atrasado provocando graves consecuencias e para que isto non suceda todos debemos colaborar convertendo ó noso planeta nun lugar sostible, estable e adecuado para vivir.

 

Consumir enerxía é imprescindible para a vida. Hoxe en día é un sinónimo de progreso e de transformación; indica o grao de desenvolvemento dun país. Sen embargo, a pouca duración dos recursos existentes actualmente fai que se intente consumir con maior eficacia a enerxía da que dispoñemos. Os países máis avanzados do mundo son os que máis enerxía consomen, pero tamén é certo que o fan dunha forma o máis eficiente posible co intento de darlle o máximo aproveitamento a tódolos recursos xa que isto permítelles a máxima produción e cantidade de riqueza cun baixo custo.

 

Debido a que actualmente os recursos son moi limitados e nos procesos industriais prodúcense moitas substancias contaminantes, debemos insistir en 3 aspectos para un bo desenvolvemento sostíbel:

 

Aforro enerxético

Diminución das substancias contaminantes

Outras alternativas enerxéticas

 

Novembro 10, 2008

Gardado en: conclusións — oiches @ 6:15 am

 

Novembro 10, 2008

Gardado en: conclusións — oiches @ 6:05 am

estamos1

 

Novembro 10, 2008

Gardado en: conclusións — oiches @ 6:00 am