Oiches’s Blog

Just another WordPress.com weblog

Fontes de enerxía anteriores á Revolución industrial Novembro 10, 2008

Gardado en: fontes de enerxía ao longo da historia — oiches @ 7:00 am

 

fontes-antigas

 

Dende a súa orixe, o ser humano foi un buscador de enerxías para que lle facilitasen a vida. Co tempo descubriu formas de enerxía que lle cambiaron a vida (lume, roda,…).

Nun principio, toda a enerxía que se utilizaba proviña directamente do Sol.

No 350.000 a.C., descóbrese o lume e o ser humano deuse conta que para que o lume seguise dando calor e para que puideran cociñar, espantar os animais,… tíñanlle que botar madeira, nese momento descubriron a biomasa.

Máis tarde, invéntase o muíño grego, que utilizaba a auga para o seu funcionamento (enerxía hidráulica), basicamente utilizábano para moer grans.

Posteriormente aparece o muíño de vento (enerxía eólica), inventado por Herón. Estes aparatos evolucionaron co tempo ata os actuais.

Durante este tempo só se utilizaban enerxías renovables, aínda que documento que mostran que houbo explotación de carbón.

 

A revolución industrial Novembro 10, 2008

Gardado en: fontes de enerxía ao longo da historia — oiches @ 6:58 am

revolucion1

Definición:

A revolución industrial é un conxunto de modificacións na estrutura económica dos países occidentais, producido entre os séculos XVIII ata o XIX. Caracterízase polo desenvolvemento do capitalismo, expansión da industrialización e a aparición das máquinas.

Causas:

O capitalismo facilitou o desenvolvemento de técnicas modernas debido a que se estableceu un sistema económico basado no diñeiro. As máquinas e a necesidade de novas armas para os exércitos provocaron demandas de capital.

A época anterior á revolución industrial caracterízase pola difusión dos coñecementos a causa da intoducción da imprenta en Europa, polo desenvolvemento de novas armas e pola chegada de novos produtos como consecuencia dos descubrimentos xeográficos.

Realízanse moitos avances en matemáticas, física, química e bioloxía.

Despois de 1750, a industria pasa a unha nova fase, na que cambia a enerxía, materiais e obxectos sociais.

A industria trasladouse a novos lugares fóra do alcance das leis. O salario diminúen debido sobre todo ás máquinas.

Etapas que marcaron a revolución industrial :

1750-1792. período de aceleración industrial.

A revolución industrial empeza en Gran Bretaña. Caracterízase polo desenvolvemento da industria téxtil, as melloras da máquina de vapor e o crecemento da industria metalúrxica.

1871-1900.época do materialismo.

O ferrocarril aumenta as súas redes para unir as zonas continentais. O consumo de carbón aumenta, substitúese o ferro polo aceiro para a construción. Surxen novas técnicas, avances na electricidade e industria química e se introduce o motor de combustión.

 

FONTES DE ENERXÍA

O gran cambio na poboación e na industria debeuse á utilización de carbón como fonte de enerxía. A principio do século XVII intentouse sustituir o carbón de leña polo mineral.

No século XVIII, o carbón podíase extraer antes do momento se ser utilizado e se podía almacenar, e para xerar enerxía non dependía do tempo que había.

Nese momento, a industria dependía da mina. Aparece a bomba de vapor, a máquina de vapor, a locomotora, o ascensor,…

 

INDUSTRIA

Conseguir carbón e utilizalo ó longo dun día era moi custoso e isto provocou grandes aportacións de capital tanto na industria como na máquina de vapor.

A demanda de ferro para fabricar armas levou a unha produción masiva.

Todo isto serviu de modelo para outras industrias que empezaron a fabricar de forma masiva. Notouse sobre todo na produción téxtil.

A especialización provocou que se utilizaran en maiores cantidades os recursos, a enerxía e a man de obra na industria e que se descoidara a agricultura.

Unha parte se adicaba a fabricar un só produto e como consecuencia, aumentaron os custes de transporte. O resultado foi unha industria insegura, unha vida social desequilibrada e uns recursos máis pobres.

Para obter maiores beneficios diminuíron o salario e o tempo de descanso dos traballadores, e pola presión das outras industrias se modificaron os produtos.

Todo iso desembocou nun desequilibrio entre agricultura e produción, e na división do mundo en zonas produtoras de máquinas e de materias primas.

Houbo un denominador común, o aumento de enerxía. O seu uso era diminuír o tempo de traballo, pero ese tempo desprezábase. Con ese incremento e a aceleración do traballo, aforrouse man de obra, e con ese aforro invertían en  novas formas de explotación.

As industrias construíron máquinas de vapor e chemineas que aumentaron a contaminación atmosférica.

Nas industrias químicas, non se preocuparon da contaminación do aire nin da auga, nin se alexaron das zonas habitadas, de elas saían fumes nocivos e polbo. Tamén se produzo contaminación das augas, xa que se vertían produtos químicos e industriais.

Outra das formas de contaminación foi o excremento humano botado nos ríos e augas, xa que non tiñan medios sanitarios.

 

TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS

O desenvolvemento industrial e económico trouxo consigo unha transformación social: Aparece a sociedade de clases, onde predomina a burguesía; dentro da cal estaba a gran burguesía (banqueiros industriais, grandes comerciantes e funcionarios), a burguesía media (intelectuais) e a burguesía formada por pequenos comerciantes.

Existía a clase popular, integrada por campesiños (xeralmente analfabetos) e obreiros da industria que eran explotados, fundamentalmente durante a primeira etapa da revolución industrial

 

Fontes de enerxía actuais Novembro 10, 2008

Gardado en: fontes de enerxía ao longo da historia — oiches @ 6:50 am

fontes-limpas3 ENERXÍAS LIMPAS QUE FOMENTAN O DESENVOLVEMENTO SOSTÍBEL

                                            

Non se esgotan.

Contribúen ó desenvolvemento sostible.

Non contaminan.

 

Enerxía Solar: Extraese do Sol, a partir da cantidade de enerxía que chega á Terra, aínda que gran parte dela perdese ao atravesar a atmosfera. Nesta actividade existen varios sistemas para captar a enerxía solar. Entre os máis importantes están:

 

·        Sistema Fototérmico: Captura a enerxía da radiación Solar, quentando un fluído líquido para aproveitar a enerxía interna. Cando o fluído capta esta enerxía gárdase nun recipiente tapado cun vidro cunhas características especiais para que se produza unha especie de efecto invernadoiro ( permítese o paso da enerxía pero non se permite saír a calor)

 

·        Sistema fotovoltaico: Transfórmase directamente a luz solar en electricidade mediante uns semiconductores. A luz interaciona cos electróns do semiconductor e provoca unhas cargas que producen corrente eléctrica.

 

Enerxía eólica: Obtense a partir da enerxía cinética do aire, que move as pas dos aeroxeradores( aparatos que se utilizan para transformar este tipo de enerxía, que dispoñen de aproximadamente dúas ou máis pas) O movemento transmite a un alterador que produce unha corrente eléctrica. O gran problema é que a enerxía do vento cambia constantemente a súa intensidade, por iso non se pensa na instalación de grandes centrais eólicas. Xeralmente só se aplica nas zonas de vento aproveitable.

 

Enerxía da biomasa: Extráese de enerxía contida nas plantas e residuos orgánicos

( extraese o alcol de plantas que produzan substancias azucradas, o metanol das árbores,…) e tamén se pode producir biogás a partir de desfeitos orgánicos que máis tarde pode ser utilizado na calefacción. A biomasa pódese aproveitar tamén para producir enerxía térmica ou obter algúns combustibles.

 

Enerxía maremotriz: Debido aos fenómenos de atracción gravitatoria de o Sol e a Lúa, grandes masas de auga dos mares levántanse e volven a ascender de forma periódica, o que provoca o movemento das mareas. Isto utilízase como un recurso enerxético. Co movemento da auga, póñense en marcha unhas turbinas conectadas a uns xeradores que provocan corrente eléctrica. Para aproveitala, precísase unha diferencia de 5 metros entre o nivel de preamar e o nivel de baixamar.

 

Enerxía xeotérmica: Preséntase en forma de rocas e sedimentos quentes. Perfóranse os pozos de extracción, recupérase a auga quente que se utiliza para ciclos termodinámicos que xeran enerxía. Na actualidade, aínda existen problemas técnicos, económicos e de rendemento que dificultan o seu aproveitamento a gran escala.

 

Enerxía hidroeléctrica: É a máis utilizada. Nalgunha ocasión constitúe o 50% da enerxía total do país.  O calor solar evapora a auga dos mares e forma nubes que mediante un ciclo volverán ao mar. Mediante presas, embalsase a auga da chuvia e faise chegar a unhas turbinas hidráulicas que accionan os alternadores pera producir corrente eléctrica. A pesar de que non contamina e non consume enerxías fósiles, prodúcense grandes alteracións ecolóxicas de fauna e flora.

 

Enerxías alternativas: Tras a crise enerxética de 1973 era necesario buscar outras fontes de enerxía que substituísen ao petróleo, carbón, enerxías nucleares, etc. Empezouse a investigar o aproveitamento das enerxías alternativas. O proceso de substitución do petróleo por outras formas de enerxía implica a existencia dunha fonte de enerxía alternativa , dunha tecnoloxía que permita utilizala e de un proceso de explotación e utilización rentable.

 

Novembro 10, 2008

Gardado en: fontes de enerxía ao longo da historia — oiches @ 6:45 am
consumimos máis enerxía da que precisamos en realidade?

distintas-fontes-de-enerxia-durante-a-historia