Oiches’s Blog

Just another WordPress.com weblog

Entrevista a Manuel Fandiño Novembro 10, 2008

Gardado en: Entrevistas — oiches @ 6:30 am
entrevista-a-manuel-fandino
 

Entrevista a Manuel Fandiño, un home de 87 anos que viviu , entre outras cousas, unha parte da revolución industrial e que agora está a vivir algunhas das súas consecuencias.

 

1.      Comiades alimentos variados tódalas semanas: peixe, carne, legumes, froitas e verduras?

Comíamos o que podíamos, pero o que máis se comía era peixe,  marisco que daquela había moito, comíanse nécoras, bois, congrios, chopos, mexillóns, caramuxos. E do que había na casa, comíase o que se sementaba, tíñamos ovos e vendiámolos para comprar arroz ou aceite, na parte de abaixo da casa tiña un forno no que facíamos pan de millo pero só se comía  nas festas, antes as froitas de fora non se coñecían e só comíamos as que tíñamos na horta.  E iso era o que comíamos.

 

2.      Onde mercabades a comida?

Nos ultramarinos e nas tabernas, daquela nas tabernas tiñan de todo, tiñan pementos, arroz, sal , viño. Tiñan de todo.

 

3.      Cantas comidas realizabades ao día?

Comíamos tres veces ao día, o almorzo, a comida e a cena, e o que podía merendar merendaba, e si non, tomábamos frutas coma mazás, peras, castañas, uvas…

 

4.      Algunha vez pasáchedes fame?

Fame nunca pasei, pero si que tivemos algunhas necesidades.

 

5.      Que métodos tiñades para conservar os alimentos?

Daquela non había nada para conservalos, o único era co sal, que salábanse os alimentos e cando os queríamos comer desalábamolos, pero non había frigoríficos nin conxeladores.

 

6.      Por exemplo para mercar peixe como faciades?

As regateiras ían vender co peixe na cabeza polas portas das casas e nos portos de mar como no de Escarabote no que hai moito xeito e moito mariñeiro e na Puebla, ó mellor poñíanse nas beirarrúas das estradas e vendían alí o peixe e senón o vendían todo ían polas portas e a xente comprábanllo  e pagábanllo en cartos, e nas aldeas cerca do monte dábanlle en especies.

 

7.      Podiades consumir todo tipo de froitas durante todo o ano ou había tempadas?

Había tempadas, como os figos cando os había comíamos figos, cando había uvas comíamos uvas, e o mesmo pasaba coas claudias, as mazás e as peras, cada unha comiámola no seu tempo.

 

8.      De que material era a roupa que utilizabades?

Daquela utilizábamos moito os algodóns, as lanas, o liño e calcetábamos moito. E ata desfacíamos os sacos e despois calcetábamos con ese fío, e facíamos xerseis, chaquetas, e despois esa roupa teñíase e vestíamos con ela.

 

9.      Mercabades a roupa ou a faciades na casa?

                  Nos comprábamos a tela e despois faciámola na casa.

 

10. Cada canto tempo renovabades a roupa?

Cando xa non tíñamos por onde collela. Cando nos rompía polo xeonllo remendámola, e polas cachas igual, e remendabámola ata que non se podía remendar máis, e era cando a cambiábamos.

 

11. Onde e como lavábades a roupa?

Lavábamola no río, as mulleres ían alí e a lavaban con xabón e auga.

 

12. Como  vos desplazábades?

A andar, non había outra cousa, só había unha liña de Ribeira a Santiago que saía  á mañá e viña pola noite, e había outra que ía de Pobra a Noia unha ou dúas veces á semana.

13. Que transportes existían?

Había bicicletas pero tíñanas moi pouca xente, e despois autobuses pero moi poucos. A maioría da xente ía andando a tódolos sitios.

 

14. Que tipo de combustible utilizaban?

                  Gasóleo e os autobuses tiñan unha caldeiras que queimaban leña na parte de                      atrás do

                  autobús e facían que puidese andar                                                                    .

 

15. Tíñades luz eléctrica nas casas?

Non había nin luz eléctrica nin auga. Só tíñamos faroles de aceite, candís de gas, faroles con velas e tamén había algunha luz de carburos, nesas botábaselle unha pedra de carburo con auga no depósito e ao ferver o carburo prendía.

 

16. Tiñan luz  os camiños?

Non, nos camiños non había luz pero cando saiamos pola noite alumeábamosnos con

facheiros de canas  esmagadas e amarrabámolas todas e encendíamolas, e tamén

usábamos palla.

 

 

Entrevista a Jose Novembro 10, 2008

Gardado en: Entrevistas — oiches @ 6:22 am

entrevista2

Agora, comparemos as respostas de Manuel coas que nos deu un rapaz da mesma idade que tiña el durante a etapa dos feitos que nos relatou. Existen grandes diferenzas…

 

1.      Comes alimentos variados tódalas semanas: peixe, carne, legumes, froitas e verduras?

Si, incluso podo comer varios deses alimentos nun mesmo día, pero se non é así non hai semana que non coma ningún deles.

 

2.      Onde mercas a comida?

No supermercado, xa que alí hai de todo, ou senón na praza ,nas peixerías ou carnicerías.

 

3.      Cantas comidas realizas ao día?

Como tres veces ao día e despois sempre como algo entre horas cando teño fame.

 

4.      Algunha vez pasaches fame?

Non, porque na miña casa por agora sempre houbo de todo, e senón hai galletas como froita pero pasar fame nunca pasei.

 

5.      Que métodos tendes para conservar os alimentos?

Principalmente conservámolos en frigoríficos e conxeladores, pero hai  moitos alimentos que xa levan produtos para que se conserven durante moito tempo.

 

6.      Podes consumir todo tipo de froitas durante todo o ano ou hai tempadas?

Hai tempadas, pero cos invernadoiros e os produtos que lle botan fan que poidan haber froitas en tódalas épocas do ano, aínda que estean máis ricas cando é a súa tempada. E tamén hai froitas que veñen en almíbar e consérvanse durante moitísimo tempo incluso anos.

 

7.      De que material é a roupa que utilizas?

A maioría é de algodón, pero tamén hai de la, de tela, de lino, hai de todo.

 

8.      Mercas a roupa ou a fas na casa?

A maioría da xente merca pero, hai algunha que aínda a fai a man. Moita xente fai bufandas de la ou xerseis.

 

9.      Cada canto tempo a renovas?

No cambio de estación ou cando me fai falta, aínda que ás veces compro roupa por comprar.

 

10. Onde e como lavas a roupa?

Lávaa miña nai na lavadora na casa, aínda que existen lavanderías, pero hai xente que a lava no pilón.

 

11. Como te desprazas?

Principalmente en coche ou en autobús para ir ao instituto. Aínda que moitas veces tamén vou andando ou en bicicleta.

 

12. Que transportes existen?

Hai bicicletas, motos, coches, autobuses, trens, avións.

 

13. Que tipo de combustibles utilizan?

Utilizan combustibles fósiles derivados do petróleo como o gasóleo e a gasolina.

 

14. Tendes luz eléctrica na casa?

Si, por suposto. Necesitámola para a vitrocerámica, o ascensor, a calefacción e moitísimas cousas da vida cotiá.

 

15. E nos camiños hai luz?

Si. Existen farolas que nos alumean a rúa. A partir de que empeza a anoitecer encéndense automaticamente.