Oiches’s Blog

Just another WordPress.com weblog

O desenvolvemento sostíbel Novembro 10, 2008

Gardado en: Desenvolvemento sostíbel — oiches @ 6:40 am

desenvolvemento

Ó falarmos de “desenvolvemento sostíbel” estamos mencionando un desenvolvemento socioeconómico formalizado alá polo 1987 e creado na Asamblea das Nación Unidas.

 

HISTORIA

No ano 1968 creouse o Club de Roma para favorecer a un crecemento económico estable e sostíbel, formado por membros importantes e destacados como xefes de estado e científicos nobelados. Pasados catro anos realizouse unha conferencia das Nacións Unidas onde por primeira vez debatiuse sobre a problemática ambiental global. E xa logo no 84 foi cando realmente se reuniu a Comisión Mundial sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento para establecer unha axenda global para o cambio.

Finalmente, co paso dos anos e xa case finalizado o 1997, estableceuse o tan famoso Protocolo de Kyoto, sobre a reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro, que entrou en vigor no 2005. E que máis tarde a Cumbre de Bali intentaría redefinir; exceptuando ós ministros de Medio Ambiente de Estados Unidos de Norte América e China que se negaron a estes compromisos (cabe dicir que ditos países son os principias emisores e contaminantes do planeta)

 

¿A QUE SE ASOCIA?

Son innumerables as persoas que creen que o desenvolvemento sostíbel está asociado a cuestións ambientais cando en realidade consta dun desenvolvemento económico, social e de protección do medio ambiente. Incluso podería entrar aquí un cuarto ámbito protagonizado pola diversidade cultural, tamén moi considerado para formar unha nova estratexia ao desenvolvemento.

 

UTILIZANDO  O TERMO…

Actualmente todos o utilizan pero non todos o usan igual. Rexíndose de esta maneira segundo diferentes ideoloxías distintos significados do termo “desenvolvemento”, por exemplo:

As ideoloxías liberais ven posible poder producir máis, consumindo menos recursos e xerando menos residuos.

Mentres que as ideoloxías ecoloxistas máis radicais optan por un crecemento nulo da economía e unha aplicación prudente.

Outros ecoloxistas defenden o decrecemento económico para respectar ó medio (vivir mellor con menos).

E o ecosocialismo argumenta que o capitalismo é, dun modo ecolóxico, insostible.

Por outra banda recordamos que o desenvolvemento económico non ten porque ser sinónimo de crecemento económico nin de desenvolvemento humano. Senón que calquera medida relativa ás actividades produtivas ten efectos no medio ambiente, na economía das empresas, no emprego e na socioloxía.

 

O MEDIO AMBIENTE ESQUECIDO

Trala Revolución Industrial e coa chegada de organismos sen ánimo de lucro e o sindicalismo (aparecendo así novas ideas sobre un crecemento económico), nos países desenvolvidos percatáronse por fin do medio ambiente, e todo isto aínda no 1970. Sí, é certo, o medio ambiente foi pasado por alto no século XIX.

Actualmente o gran esgotamento de recursos naturais, a destrución de ecosistemas e a perda de diversidade biolóxica está agravando por completo ó medio, olvidado tan só fai 38 anos! Un exemplo actual é América; a nación, seguida por Francia, máis contaminante do mundo que como se cita nunca das páxinas de Internet sobre o desenvolvemento sostible: “…consume casi la cuarta parte de los recursos de la Tierra para el 7% de la población y se necesitarían de cinco a seis planetas como la Tierra para abastecerlas”.

E por todo isto de que temos que percatarnos de que os nosos recursos naturais son ilimitados e que se consomen con facilidade provocando, nalgúns casos graves desfeitas chegando a ser irreversibles para o noso planeta,… aparece o desenvolvemento que define proxectos viables e reconcilia aspectos económicos, sociais e ambientais das actividades humanas que se deben ter en conta en empresas e persoas coma nós.

Xa sucederon grandes desastres industriais coma o de Chernóbil, Seveso, Bhopal, Exxon Valdez… que asociacións protectoras do medio coma WWF e Greenpeace identificáronse coa causa.

 

¿CÓMO AFECTA NOS SECTORES ECONÓMICOS?

Un claro exemplo prodúcese na agricultura que, grazas á posta en regadío, a abonos e a fertilizantes, agricultura intensiva… pódese aumentar a produción pero isto trae consigo diversos problemas:

Ca posta en regadío a auga obtense ou ben de acuíferos, habendo que coñecer de esta maneira información sobre el para protexelo sostiblemente; ou ben dos ríos tendo que respectar así á fauna e á flora retirando soamente unha cantidade pequena de auga.

Parte das sustancias de abonos e fertilizantes forman lixiviados contaminantes ó disolverse coa auga, favorecendo polo tanto á eutrofización. Algo semellante coma nos plaguicidas, coma é o DDT, actualmente prohibido por perigo na contaminación de alimentos.

E coa agricultura intensiva que consome maior cantidade de nutrientes do solo orixinando a rotación de cultivos e barbeitos.

 

Dentro das actividades produtivas e de servizos existen ferramentas de implementación do desenvolvemento sostible na produción, como o conxunto de actividades denominadas Produción Máis Limpa, etc.

 

CONDICIÓNS PARA O DESARROLLO

Débense cumprir estas tres regras básicas:

·        Ningún recurso renovable deberá utilizarse a un ritmo superior ó da súa xeración.

·        Ningún contaminante deberá producirse a un ritmo superior al que poda ser reciclado, neutralizado ou absorbido polo medio ambiente

·        Ningún recurso non contaminante deberá ser aproveitado a maior velocidade da necesaria para substituílo por un recurso renovable utilizado de modo sostible.

 

 

Leave a Reply