Oiches’s Blog

Just another WordPress.com weblog

Fontes de enerxía actuais Novembro 10, 2008

Gardado en: fontes de enerxía ao longo da historia — oiches @ 6:50 am

fontes-limpas3 ENERXÍAS LIMPAS QUE FOMENTAN O DESENVOLVEMENTO SOSTÍBEL

                                            

Non se esgotan.

Contribúen ó desenvolvemento sostible.

Non contaminan.

 

Enerxía Solar: Extraese do Sol, a partir da cantidade de enerxía que chega á Terra, aínda que gran parte dela perdese ao atravesar a atmosfera. Nesta actividade existen varios sistemas para captar a enerxía solar. Entre os máis importantes están:

 

·        Sistema Fototérmico: Captura a enerxía da radiación Solar, quentando un fluído líquido para aproveitar a enerxía interna. Cando o fluído capta esta enerxía gárdase nun recipiente tapado cun vidro cunhas características especiais para que se produza unha especie de efecto invernadoiro ( permítese o paso da enerxía pero non se permite saír a calor)

 

·        Sistema fotovoltaico: Transfórmase directamente a luz solar en electricidade mediante uns semiconductores. A luz interaciona cos electróns do semiconductor e provoca unhas cargas que producen corrente eléctrica.

 

Enerxía eólica: Obtense a partir da enerxía cinética do aire, que move as pas dos aeroxeradores( aparatos que se utilizan para transformar este tipo de enerxía, que dispoñen de aproximadamente dúas ou máis pas) O movemento transmite a un alterador que produce unha corrente eléctrica. O gran problema é que a enerxía do vento cambia constantemente a súa intensidade, por iso non se pensa na instalación de grandes centrais eólicas. Xeralmente só se aplica nas zonas de vento aproveitable.

 

Enerxía da biomasa: Extráese de enerxía contida nas plantas e residuos orgánicos

( extraese o alcol de plantas que produzan substancias azucradas, o metanol das árbores,…) e tamén se pode producir biogás a partir de desfeitos orgánicos que máis tarde pode ser utilizado na calefacción. A biomasa pódese aproveitar tamén para producir enerxía térmica ou obter algúns combustibles.

 

Enerxía maremotriz: Debido aos fenómenos de atracción gravitatoria de o Sol e a Lúa, grandes masas de auga dos mares levántanse e volven a ascender de forma periódica, o que provoca o movemento das mareas. Isto utilízase como un recurso enerxético. Co movemento da auga, póñense en marcha unhas turbinas conectadas a uns xeradores que provocan corrente eléctrica. Para aproveitala, precísase unha diferencia de 5 metros entre o nivel de preamar e o nivel de baixamar.

 

Enerxía xeotérmica: Preséntase en forma de rocas e sedimentos quentes. Perfóranse os pozos de extracción, recupérase a auga quente que se utiliza para ciclos termodinámicos que xeran enerxía. Na actualidade, aínda existen problemas técnicos, económicos e de rendemento que dificultan o seu aproveitamento a gran escala.

 

Enerxía hidroeléctrica: É a máis utilizada. Nalgunha ocasión constitúe o 50% da enerxía total do país.  O calor solar evapora a auga dos mares e forma nubes que mediante un ciclo volverán ao mar. Mediante presas, embalsase a auga da chuvia e faise chegar a unhas turbinas hidráulicas que accionan os alternadores pera producir corrente eléctrica. A pesar de que non contamina e non consume enerxías fósiles, prodúcense grandes alteracións ecolóxicas de fauna e flora.

 

Enerxías alternativas: Tras a crise enerxética de 1973 era necesario buscar outras fontes de enerxía que substituísen ao petróleo, carbón, enerxías nucleares, etc. Empezouse a investigar o aproveitamento das enerxías alternativas. O proceso de substitución do petróleo por outras formas de enerxía implica a existencia dunha fonte de enerxía alternativa , dunha tecnoloxía que permita utilizala e de un proceso de explotación e utilización rentable.

 

Leave a Reply