É un indicador dos residuos producidos pola poboación. Ten como obxectivo avaliar un impacto dos seres humanos sobre o nosos planeta, polo que nos permite facer comprobacións entre distintas civilizacións ou épocas. É unha ferramenta clave no desenvolvemento sostíbel.
Como calcular o noso impacto sobre o planeta?
Os resultados do cálculo da pegada ecolóxica dependen de:
As hectáreas utilizadas para crear urbanizacións.
As hectáreas utilizadas para actividades agrícolas e gandeiras.
As hectáreas utilizadas para o aproveitamento da enerxía.
Na actualidade, segundo estes cálculos, o ser humano está consumindo unha cantidade de recursos considerablemente máis alta do que o planeta nos pode proporcionar( un aproximadamente 2,23 hectáreas por habitante e ano)
A pegada ecolóxica permítenos comparar o impacto entre sociedades completamente opostas. Nunha vida agrícola, ben organizada e sen sobrexplotación dos terreos; chegarían 2 hectáreas para satisfacer as necesidades de toda unha familia. No desenvolvemento industrial baseado na utilización de combustibles fósiles precisaríanse 2 planetas coma este para que 6000 millóns de persoas puidesen vivir.
A partir de todo isto obtemos que os países desenvolvidos precisan máis superficie da que dispoñen e que se existise un desenvolvemento sostíbel a nivel planetario reduciríase considerablemente o consumo e a contaminación.
